lunes, 26 de noviembre de 2012
O Junior Autonómico suma e sigue
Estudiantes Leyma Natura (84) vs BCA (66)
1º 27-18 2º 48-32 3º 66-53 4º 84-66
O conxunto estudiantil empezou a tempada de forma increíble con catro victorias no seu casilleiro e ninguna derrota.
O partido comezou con pequenas vantaxes dos nosos que aínda que comezaban cun acerto anotador alto non eran capaces de desprenderse dos coruñeses pola dubidosa labor defensiva que lles facía encaixar 18 puntos. No segundo cuarto os nosos salvaron ben a defensa zonal 2-1-2 de BCA e conseguía para o acerto dos herculinos para abrir a primeira brecha importante por 16 puntos ó descanso 48-32.
Durante a segunda metade Estudiantes dedicouse a mellorar a labor defensiva en 1x1 e axudas defensivas así como a defensa dos bloqueos indirectos que presentaba BCA nos seus sistemas e a intentar conseguir maior rendabilidade en situacións de contraataque e transición que non se deran como acostuman na primeira metade.
Valoración do encontro por parte do adestrador "Un equipo moi basado no 1x1 e que explotou ben as nosas desvantaxes defensivas ó poste baixo cando entraron en rotacións cadetes de baixa estatura e se lesionou Milo Vukcevic. Esta baixa foi importante por ser o noso xogador máis alto do equipo que se suma á baixa de Gullit Mukendi por terceira semana consecutiva".
Viaxaremos á fermosa vila de Vilagarcía para xogar contra un equipo inferior e que loitará pola permanencia nesta edición da liga galega.