lunes, 5 de noviembre de 2012

Sorte esquiva ao Primeira Sénior

Fuente: http://www.cbbreogan.com/estudiantes/noticias/-sorte-esquiva-ao-primeira-senior-2056.html

Estudiantes Leyma Natura (66) vs Campus Ourense (69)
1º 22-20 2º 05-16 3º 12-13 4º 27-20

Durante o primeiro cuarto o partido era rápido, os dous equipos imprimiron un ritmo moi alto que propiciou intercambios de canastras en ambos lados.No segundo carto, o Estudiantes nunca atopou o seu sitio na pista, xa que nin en defensa podían para ós ouresanos e en ataque se xogaba moi precipitado. Así se chegou o descando cunha desvantaxe de nove puntos.No segundo tempo a tónica de partido cambia por completo grazas a unha presión a toda pista dos estudiantiles que axustaban en zonas 2-3 ó 3-2, provocou que o partido chegase igualado a uns últimos segundo de infarto.Os estudiantiles gañaban de 2 puntos a falta de poucos segundos, pero unha falta persoal deu tres tiros libres que os ourensanos non desaproveitaron. Despois no seguinte ataque unha mala decisión non permitiu ni lanzar a canastra os lugueses que fixeron falta, pero que despois dos lanzamentos libre só tiveron tempo para lanzar un tiro desesperado dende o seu campo que non chegou a entrar.

Comentario do tecnico Sise Peinó:"Mala sorte para os nosos rapaces de primeira división senior masculina, deixamos escapar a primeira victoria da tempada".

O sábado ás 18:00hrs o equipo viaxa a Arzúa onde intentará estrear o seu casilleiro de victorias.