miércoles, 16 de enero de 2013

A zona frea o Infantil 2000

Estudiantes Lugo 2000 (37) vs CB Sarria (42)

1º 15-8 
2º 2-6 
3º 10-16  
4º 10-12


O partido comezou moi ben para os nosos cun parcial de 8-0 que poñía as cousas moi de cara e cun xogo moi bo basado no contraataque e unha defensa de rotacións continuas moi agresiva que facía que Sarria non puidese xogar cómodo. De feito a partir do minuto 5 do primeiro cuarto os sarrianos vironse obrigados a exhibir unha defensa en zona moi pechada para evitar as continuas penetracións dos rápidos xogadores locais. Sen embargo pouco a pouco, e a pesar de que nun comezo non se notou, a zona foi minando os ataques do Estudiantes Lugo que cada vez anotaba menos en 5x5 ata o punto de que segundo a acta, o equipo do Estudiantes só anotou 2 puntos no segundo cuarto.
Cun resultado favorable por 3 puntos ó descanso os nosos intentaron agarrarse á victoria por medio de fortes presións ó balón provocando erros do equipo rival para anotar fácil, xa que nun xogo máis estático o equipo estudantil era incapaz de anotar. Así as cousas nun final moi igualado o cansancio por verse obrigados a presionar a toda a pista e a enorme diferenza física entre ámbolos dous equipos decantaron a balanza a favor do equipo de Sarria.

Valoración do adestrador:
"Partido moi bo dos nosos que se viron obrigados a atacar 35 minutos de zona 2-3 nunha categoría na que non están acostumados. Hai que ler isto positivamente, o outro equipo intenta cambiar o noso xogo porque se ve inferior en moitos aspectos do xogo".
"Os nosos fixeron gala dunha gran defensa."

Crónica: Álvaro Abuin