miércoles, 27 de febrero de 2013

O Senior suma e sigue

ESTUDIANTES LUGO LEYMA NATURA (48)- PORRIÑO BALONCESTO BASE (46)


Bo inicio dos estudantís, que cargaban o xogo ofensivo nos seus xogadores interiores. Porriño non encontraba a solución durante o primeiro cuarto, pero todo cambiou no segundo, onde os locais se atascaron en ataque grazas á boa defensa visitante e chegaron ao descanso perdendo por catro puntos. 20 - 24.

A volta do descanso o partido púxose de cara para os visitantes, que chegaron a ter unha vantaxe de catorce puntos grazas aos seus xogadores exteriores que empezaron a anotar con moita máis fluidez. Esta vez os estudantís conseguiron volver engancharse ao partido grazas a unha gran defensa para levarse o partido por un axustado 48 -46.


Comentario do adestrador: Non foi o mellor partido, pero a vitoria séguenos dando moita moral. Encontrámonos no mellor momento da tempada e esperemos que o próximo sábado en Ourense siga o refacho.
Próximo partido o sábado ás 18:00hrs en terras Ourensas contra Campus Ourense.