martes, 19 de febrero de 2013

Segunda vitoria consecutiva do Senior Masculino

Club Deportivo Recimil (51) vs Estudiantes Lugo Leyma Natura (57)


Parciales:
1º 17-17 2º 11-18 3º 8-10  4º 15-12


Bo primeiro tempo onde os lucenses conseguíron  mover moi ben o balón en ataque e así ter boas posicións de lanzamento dende o perímetro.
A defensa local non logrou parar o ataque visitante co que os lucenses chegaron ao descanso cunha vantaxe de sete puntos.

Na segunda parte o partido volveuse rudo e en ningún dos equipos o ataque era fluído. As defensas mandaban e cada canastra valía o seu peso en ouro.
No último cuarto os ferrolanos subiron as liñas defensivas, pero os lucenses seguían mantendo rendas de ata dez puntos. Logo os tiros libres selaron a segunda vitoria consecutiva para os de Lugo.


Comentario do adestrador:
Segunda vitoria seguida, tamén fora da casa que nos dá moita moral. Agora intentaremos gañar o primeiro partido no Pazo.


Próximo rival:
Partido complicado o domingo ás 12:00hrs no Pazo contra Porriño.