Estudiantes 98 vs Galén (58-24)
Parciales:
1º 12/2 2º 13/4 3º 19/14 4º 14/4
Un bo
comezo dos nosos marcou o devir do partido. A defensa agresiva sobre o balón
xeraba situacións de contrataque, colleitando así as primeiras vantaxes. No
segundo cuarto Galén, cunha defensa zonal tratou de cambiar o ritmo do partido,
pero os nosos atacaron con moi bo criterio aínda que o acerto non fora o
idóneo.
Tralo
intermedio, os nosos relaxáronse un pouco e pola contra, Galén, subiu a súa
intensidade no xogo. Esto provocou que a distancia no marcador se estreitase
vendose os minutos de máis calidade no partido. Os dous equipos loitaron ata o
final, cunha gran deportividade.
Comentario do adestrador:
"Bo traballo
unha vez máis dos rapaces do CADETE 98, que están completando unha gran segunda
volta da competición. O equipo buscará competir os dous partidos que faltan
para entrar entre os catro primeiros e disputar o play off polo título de liga.
Pero o mellor de todo é que os xogadores cada día intentan facer cousas novas e
o traballo individual estase a notar sobre a pista."
Próximo rival
O
vindeiro fin de semana o equipo cadete 98 desprázase a Chantada para disputar o
penúltimo partido de liga.