lunes, 18 de marzo de 2013

Vitoria do Infantil feminino ante Peleteiro

PELETEIRO (18) vs. ESTUDIANTES LUGO LEYMA NATURA (70)


Parciais:
1º  7-25    0-25     5-18    5-12

Tras viaxar co Infantil Masculino e ver o  seu partido contra Peleteiro, foi o momento das xogadoras do Infantil Feminino. Dende o comezo do partido foron moi superiores, dominando dende un bo traballo defensivo e conseguindo anotar con facilidade, tanto en contraataque como en situacións de 5x5.
Mantivemos a concentración ata o final, poñendo especial atención nos conceptos traballados durante a semana, e así chegamos ó final cun abultado 17-80.

Valoración do adestrador:
"Bo partido das nenas, que coma sempre se esforzaron ó máximo e mantiveron a concentración independentemente das circunstancias do encontro. Unha xornada bonita que nos ten que valer para reforzar o noso traballo e seguir mellorando día a día."
Os próximos partidos serán os que terán lugar na Vilagarcía Basket Cup Futre Stars, na cal participaremos durante as vacacións de Semana Santa.