CB Gades (100) vs Estudiantes Lugo Leyma Natura (92)
Os cadetes do Estudiantes Lugo iniciaron a súa participación no Cto España cunha derrota ante o 3° de Andalucía, o CB Gades de Cádiz, nun partido disputado de poder a poder.
Tras un primeiro cuarto de tenteo onde os nosos tomaron as
primeiras vantaxes, se dió paso a secuencia de acerto dos dous equipos.
Os gaditanos anotaban a través de rápidas penetracións, mentres que os
lucenses se mantiñan por enriba grazas ao acerto exterior ante as
defensas zonais andaluzas. Así se chegaba ao descanso co 41 48 favorable
ao Estu.
Na segunda parte, tras un inicio novamente de alternativas, as ideas contra zona perderon certa claridade o que permitiu ao Cb Gades poñerse por enriba. Ao Estu castigáballe o desacerto agora exterior e a permisibilidad arbitral ao equipo rival con 2 faltas en 15 min. Ao final, malia estar en partido ata os últimos 30 segs, non se puido sumar a primeira vitoria, que se buscará mañá ás 13:00 ante o CBZ de Zaragoza, segundos de Aragón. Dende aquí queremos enviar moito ánimo aos rapaces e adestradores para seguir mellorando e aprendendo ante unha oportunidade como esta.