miércoles, 25 de septiembre de 2013

ABO (55) vs Estudiantes Lugo Leyma Natura (65)


O comezo espeso, sobre todo en ataque. Tardamos en encontrar a nosa velocidade en circulación de balón, pero mediado o primeiro cuarto empezamos a logralo e iso deunos nosas primeiras vantaxes. O segundo cuarto corroborou noso bo xogo ofensivo e tamén un traballo de calidade atrás, que deixou aos ourensáns en tan só 8 puntos, chegando así ao descanso 21-35 ao noso favor
O partido endureceuse e tivo algunhas accións pouco correntes nun partido de carácter amigable. Isto freou a nosa fluidez e retardou demasiado o partido. Non nos encontramos cómodos na pista, pero mantivemos os nosos criterios de xogo durante todas as rotacións e rematamos por levarnos o encontro co definitivo 55-65.


Valoración do adestrador:
Fantástico partido de adestramento. Minutos de calidade para todos os xogadores e nota positiva neste test de pretempada. Moito por traballar, pero cremos que imos polo bo camiño.

Próximo rival:
 O próximo sábado 28, dará comezo a copa Galicia EBA. A primeira xornada depáranos unha visita a Santiago para xogar fronte ao Rosalia (case con toda seguridade ás 20:00).