martes, 10 de septiembre de 2013

Xornadas de portas abertas




As Escolas Provincias de Baloncesto, Baby basket e predeporte comezan  as súas xornadas de portas abertas durante a primeira quincena de setembro nas instalacións do Pazo Provincial, anexo e aula de Predeporte, en horario de 17:30 a 18:45 hrs .
Dita actividade ten como fin promocionar o mundo da canastra entre os mais pequenos, non ten ningún custo, os asistentes tan so teñen que cubrir unha folla para poder desfrutar durante dúas semanas dos adestramentos na escola.
As idades van comprendidas dende os tres anos, para a actividade de predeporte ata os once anos na escola de Baloncesto Mini.
Para poder participar terase que entregar a folla adxunta cuberta.