jueves, 10 de octubre de 2013

Derrota do EBA na terceira xornada de Copa


Estudiantes Lugo Leyma Natura (54) vs Narón (65)

Os dezasete primeiros minutos estiveron baixo o noso dominio, sen boas porcentaxes e atascados contra a zona, pero chegando 29-20 a falta de tres minutos para o descanso. A partir dese momento a desconexión é total. Desaparecemos na faceta reboteadora e encaixamos un 0-11 que nos manda a vestiarios 2 abaixo.
A volta do descanso foi imposible encontrar a tecla para cambiar o mal xogo que desenvolviamos. Unha permisividade baixo o noso aro, onde permitimos 23 canastras, e a imposibilidade de xogar en chegada, fan que os visitantes se vaian 11 arriba a falta do último cuarto. Os últimos dez minutos non cambiarían nada e veríanse os mesmos erros, para finalizar perdendo, máis que xustamente.
Valoración do adestrador:
"O peor xogo desenvolvido no que vai de pretempada. Demasiados erros de vulto en defensa e falta de criterio en ataque. Moito por mellorar nesta recta final ten pretempada."
Próximo rival:
O domingo visitamos a Betanzos. Equipo veterano e que mantén o bloque dende hai anos. Nova proba para a nosa evolución no xogo. Intentaremos vencer nun partido onde os locais xestionarán a súa experiencia para contrarrestar o noso pulo. Será no Municipal deBetanzos ás 17:00.