martes, 1 de octubre de 2013

Vitoria do Junior na Copa

Estudiantes Lugo Leyma Natura (103) vs Seis do Nadal (29)


O primeiro cuarto de gran nivel aínda que o rival deu a sensación de non ter chegado ao partido, o que desembocou no contundente 42-06 e finalizou o choque. O segundo cuarto seguiu a mesma liña de inicio a fin.
O comezo da segunda parte foi momento para traballar cousas novas para evolucionar no noso xogo e así fixémolo, de maneira que a ambos os dous equipos nos serviu a segunda metade para continuar coa posta a punto de cara ao inicio da liga.



Valoración do adestrador:
Bo traballo do grupo, aínda que as nosas rotacións deben dar un paso á fronte para ter unha maior pegada os 40 minutos de partido. Estamos seguros de que o conseguiremos co traballo diario dos adestramentos

Próximo rival:
Visítanos Novobasket (Maristas Vigo), un clásico das ligas galegas e sempre un duro rival. Será o sábado ás 12:30 no Pazo Universitario