viernes, 22 de noviembre de 2013

As matinais da Escola voltan este domingo

Os obxectivos que pretendemos conseguir con esta actividade son:- potenciar a práctica deportiva;- fomentar as relacións sociais e persoais- impulsar a práctica do baloncesto;- dar a coñecer a nosa entidade;- dar resposta a unha demanda social .Ademais destes obxectivos xerais, co desenvolvemento das actividades pretendemos:- descubrir e potenciar capacidades, talentos, habilidades e destrezas dos nenos e favorecer o espírito de superación persoal, a autodisciplina, o respecto aos demais e a capacidade de traballar en equipo. 


TEMPORALIZACIÓN As actividades consideradas neste proxecto realizaranse os domingos en horario de 11:30 a 13:30. Cada domingo xira en torno a unha estrutura xeral pero cunha temática distinta. A distribución das actividades organízase combinando as mesmas de maneira que non coincidían seguidas actividades de moita carga física.11:30h Chegada nenos 11:45-12:15h Xogos 12:15-13:00hActividades en función da temática: manualidades, teatro, contacontos, sensibilización musical, baile, etc..13:30-13:30h Deporte. 13:30h Recollida nenos
DESTINATARIOS:Estas actividades están dirixidas a nenos e nenas de 2 a 7 anos (nacidos entre 2011 e 2006, ambos os dous incluídos).
UBICACIÓN: A actividade ten lugar en Lugo, no Pazo Provincial de los Deportes situado na Rúa Fingoi s/n, no que contamos con numerosos espazos como son a pista central, aula de predeporte e aula de audiovisuais