viernes, 8 de noviembre de 2013

Fase final da Copa Galicia Cadete

Este domingo o anexo vístese de gala para celebrar a Fase final da Copa Galicia Cadete masculina, onde o club Estudiantes Lugo Leyma Natura, como anfitrión,  en compañía do Instituto Rosalia de Santiago, o Baloncesto Narón e o Sant-Yago da Coruña xogaranse o paso a Final.
Os encontros serán a partir das dez da maña ca semifinal que enfrontara o Club Estudiantes Lugo contra o Instituto Rosalia.
Inmediatamente despois, a partir das 12:00 hrs. será a segunda semifinal que xogaran o Baloncesto Narón e o CB Sant-Yago.
Pola tarde a partir das 17:00 hrs. xogarase o terceiro e cuarto posto e o remate a gran final da Copa a partir das 19:00 hrs.

Desexamos contar coa vosa presenza para animar os xogadores de Sise #ForzaEstu!!