jueves, 8 de noviembre de 2012

Algo de luz entre tanta oscuridade



O universo está cheo de estrelas vellas, algunhas xa en vías de extinción outras, aínda que non tan lonxanas na historia, contan con millóns de anos. Din os expertos que así que morra o Sol, a vida na Terra deixará de existir agás que o universo nos sorprenda coa formación dunha nova estrela, un pequeno novo astro que sexa quen de alumar a millóns de especies na Terra.

Os xogadores do Estudiantes de Liga EBA non son estrelas, máis soñan día a día con selo. Mentres tanto case xornada tras xornada teñen que pelexar contra equipos que os superan por moito en idade e experiencia cun maior nivel físico e táctico. Equipos coma Marín, Narón, Ferrol, Chantada ou Cambados que ano tras ano apostan por conformar grandes equipos con xogadores moi experimentados que aporten unha rentabilidade inmediata ós seus proxectos co afán de non descender, manterse na zona nobre da liga ou incluso loitar polo ascenso. A crise dos equipos profesionais en ligas maiores fai que moitos xogadores de gran nivel se teñan que refuxiar en equipos de liga EBA, é o caso de Aramburu en Marín, até hai pouco en LEB ou Esmorís (Ferrol), con moitos anos ACB ás súas costas.

Sen embargo, existen universos paralelos, clubs que apostan pola fórmula contraria, clubs que buscan os mesmos obxectivos de permanencia en EBA apostando pola xuventude e a canteira. Un caso que debera ser común nunha liga intermedia como é a EBA convertese nunha excepción no grupo A. Tan só dous equipos do grupo A-A con gran tradición na formación de xogadores apostan nos seus planteis por promesas mozas. É o caso de CB Valladolid que conta cunha media de idade de 22 anos e Easo de San Sebastián, coa mesma media de idade.

Sen embargo as apostas máis arriscadas atopámolas no grupo A-B da liga EBA, onde tamén encontramos os casos máis esaxerados de xogadores estrela con grandes soldos. E é que ao recién ascendido Leyma Natura Ciudad de Arteixo (BCA) cunha media de 21 anos temos que engadir ó descendido de Ouro CB León con 20 anos de media e ó único equipo que conta cunha media de idade menor ós 20 anos, o Estudiantes Lugo con 19.

Cabe destacar tamén, que dos cinco clubes anteriores, tres deles buscan a mestura destes novos valores con xogadores de máis idade que os axuden a colleitar experiencia máis rapidamente e de paso a darlle un bloque de contención ó equipo. Así vemos como BCA conta con tres xogadores de 25 anos, Easo conta con tres de 24, 26 e 27 anos ou CB Valladolid con homes de ata 30 anos.

Isto converte ó capitán do Estudiantes Lugo Javi Prieto no “veterano” máis novo da liga con tan só 22 anos. Prieto ten como compañeiros de equipo a tres xogadores que son junior de 1º ano sumado a outros tres que veñen de abandonar a categoría xuvenil esta tempada.

Deste xeito os que se acerquen o vindeiro domingo ás 17:00 ó Pazo poderán disfrutar dun partido atípico que enfrontará ós dous equipos mais novos do grupo A da Liga EBA, o Estudiantes de Lugo e o CB León. E quen sabe se en tal escenario non avistaremos un cometa que nun futuro non moi lonxano se convirta en estrela nas ligas LEB ou sexa capaz de poñer algo de luz na Liga Endesa.

Álvaro Abuín.