Compañía de María (72) vs Estudiantes (89)
Primeiro partido de Liga do Júnior Autonómico logo de proclamarse Campión da Copa Galicia.
Un bo comezo dos nosos que abrírón brecha xa dende o inicio cun parcial de 0-7. Aínda así o xogo estudantil pronto se empezaría a difuminar dada a relaxación dos xogadores que se viron con vantaxes que superaban os 15 puntos. A defensa non estaba sendo a ideal e o xogo rápido e de contraataque que caracteriza o xogo dos junior lugueses tampoco aparecía polo frío pavillón do equipo compostelano.
A segunda parte seguiu a tónica de rachas no ataque lugués que en canto se vía con diferenzas de máis de vinte puntos baixaba a intensidade. Isto era aproveitado por Compañía de María para explotar os puntos débiles da defensa estudantil que con quintentos moi baixos sufriu o xogo interior de Compañía. Así rematado o terceiro cuarto os picheleiros colocábanse a 12 puntos e volta outra vez a comezar. No último cuarto os nosos conseguían irse a un +27 para logo, con outra baixada de actitude en defensa e ataque encaixar un parcial de -10 e acabar ganando por 17 cando o partido estaba máis próximo de acabar cunha diferenza maior de 30 puntos e non por debaixo dos 20. A pobre actitude visitante percibiuse na rídicula aportación dos seus xogadores ó rebote. Algo que sen dúbida se mellorará co paso das xornadas.
Declaracións de Alex polo:
"Era a terceira vez que nos enfrontábamos a este equipo esta tempada en tan só 9 partidos e a seguridade da victoria que se deixara ver en amplas diferenzas nos dous partidos anteriores fíxose ver en forma de relaxación no Estudiantes. Sen dúbida haberá que traballar para que ante rivais máis cómodos a priori o equipo non perda a tensión da competición para poder afrontar con máis garantías as datas importantes".