O club
Estudiantes Lugo vai a organizar un Campus de tiro os vindeiros 11 e 13 de
febreiro no Pazo Provincial para todos aqueles xogadores/as federados dende a
Categoría Benxamín ata a Junior. Contarase coa presenza de xogadores e o corpo
Técnico do CB Breogan.
INFORMACIÓN
PREZOS:
- A ACTIVIDADE terá un custo de 40 €uros.
- PARA TODOS OS XOGADORES DO Estudiantes Lugo,
as Escolas Provinciais desconto do 25%. 30 €uros.
- Desconto do 25% para xogadores federados
socios ou fillos de socio do CB Breogán
OBXECTIVOS:
- Mellora da mecánica de tiro.
INSTALACIÓNS:
PAZO PROVINCIAL DOS DEPORTES
Campus Universitario
GRUPOS:
Dirixido a rapaces dende os 8 os 17 anos
40 prazas por día en grupos por idades
HORARIO:
ACTIVIDADE
|
HORARIO
|
RECEPCIÓN
|
10:00 a 10:30
hrs
|
CAMPUS
|
10:30 a 14:00
hrs.
|
O lugar de matrícula e inscrición será o
Pazo Provincial dos Deportes na Oficina do Club Estudiantes en horario matinal
de 10:00 a 14:00 hrs. Tamén se pode formalizar a matrícula vía mail.
Os ingresos formalizaranse na conta do
club. ADMITIRASE O PAGO E EFECTIVO O REALIZAR A INSCRIPCIÓN NAS OFICINAS DO
CLUB.
Nº de conta: 2080 5152 55 3040020735 Nova Galicia Banco.
Para formalizala matrícula debe cubrirse este
díptico e achegar o xustificante de ingreso, así coma unha foto pegada.
Matrículas por orde de inscrición que se farán nas
oficinas do Club , ou mandando todo o solicitado ó correo electrónico estudiantes@estudianteslugo.com
(Todas
as peticións recibidas por vía e-mail non serán admitidas se non están
debidamente cumprimentadas e achegando o xustificante de ingreso, foto e
fotocopia da tarxeta sanitaria adxuntos no e-mail).
O remate da matriculación será o xoves
anterior ó comezo das actividades.