ESTUDIANTES
LEYMA NATURA (70) VS TRISCOS (42)
O cuadro estudiantil
comezou moi intenso, cunha boa defensa,
roubando moitos balóns, finalizando forte a canastra e con bastante acerto nos
tiros exteriores, cargando o rebote xa que o outro equipo tiña xogadoras máis
altas. Todo este traballo deu unha clara vantaxe no marcador na primeira parte.
O comezo da segunda parte Triscos empezou a facerse forte en tiros de tres, e
sobre todo cando tiñamos un pequeno despiste en defensa.
Estudiantes seguiu cun bo ritmo no ataque,
entrando a canastra e sobre todo no roubo de balóns.
Valoración do adestrador: “Equipo
contra o que puidemos competir tal e como nós sabemos, facendo todo o adestrado
nas escolas durante todos estes meses. As nenas decatáronse para que saíse todo
ben de que aínda que tivemos bastantes baixas, non dependeron de ninguén. Con
esta vitoria afrontaremos o próximo partido con máis ganas xa que comezamos
despois de carnaval a segunda volta.”
O próximo rival é salesianos, é un equipo moi difícil, moi alto e con grandes xogadoras. O noso obxectivo é paralas en defensa e intentar roubar moitos balóns.