lunes, 11 de marzo de 2013

Axustada vitoria do Cadete Feminino ante Burela

Estudiantes Leyma Natura (54) vs CB Burela (52)
Parciais:
1º 12 - 12  2º 11 - 11 3º16-15 4º 15-14

Dous contaataques das lucenses ao final do partido fixo que as locais se puidesen levar a vitoria.

O Partido moi igualado o que se disputo o domingo no anexo ao Pazo Provincial. Ningún dos dous equipos conseguía anotar con fluidez. As locais non conseguían penetrar na defensa zonal formulada polas visitantes e só anotaban con lanzamentos exteriores.

As rapazas da mariña anotaban en contaataques e tamén se atascaban cando tiñan que atacar en estático. Así se chegou o descanso con máxima igualdade no marcador 23 -23.
A tónica do partido non cambiou tras o descanso e o partido seguía sendo moi intenso en ambos os dous lados da cancha.

Valoración do adestrador:
Último partido da fase regular, intenso e emociónate que se puido levar calquera dos dous equipos.
Os próximos dous partidos tamén serán contra C.BBurela, nas semifinais da 2ª División cadete feminino na delegación lucense. Os dous equipos pelexarán por un posto na final que dará un posto para a fase de ascenso á 1ª división Cadete Feminina.