O equipo
estudantil comezou moi centrado o partido e presionando a toda pista cun
despliegue físico extraordinario que lles permitía roubar balóns e conseguir
canastras cómodas ante un equipo corazonista que gozaba con xogadores de maior
estatura que sufrían para subir o balón ante a rapidez de mans e actividade que
presentaban os visitantes. Deste xeito o
equipo foi abrindo diferenzas co 12-22 que se verían incrementadas por unha
subida defensiva que deixaría ó Sagrado Corazón en tan só 6 puntos no segundo
cuarto (6-15) para que os nosos marcharan18-37 ó descanso.
O parón
sentoulle mellor ós locais que ós visitantes que comezaron a saír sen problemas
da presión estudantil que se viñan abaixo polo cansancio da primeira parte. A
partir de ahí o equipo do Estudiantes comezou a presentar algunha alternativa
defensiva en individual para contrarrestrar o dano que o Sagrado lle estaba a
facer ós nosos en situacións de poste baixo. Sen embargo algunha canastra cun
tanto de fortuna máis algunha tras despiste defensivo, sumado a un baixón no
acerto ofensivo estudantil deixaban o marcador máis axustado ó final do
terceiro acto: 37-45. Durante o último cuarto sen embargo os nosos sacaron de
casta e garra e conseguiron administrar esta renta xogando contra o cansancio,
contra o tempo e contra problemas de faltas (pitáronse o doble de faltas ó
Estudiantes) para acabar levando o encontro por 50-57.
Valoración do adestrador:
"Hai que
felicitar ós xogadores, a pesar da clara superioridade física do equipo rival,
os nosos por fin puideron facer gala de todo o arsenal táctico e de conceptos
traballados ó longo de toda a tempada para dominar de principio a fin o partido
e ganar a un rival que nunca se rendiu. Por fin o equipo foi iso: un equipo,
onde non primaron as individualidades e onde todo o mundo tendeu a man ó
compañeiro tanto en pista como no banco. A actitude foi de 10."
Próximo rival:
Temos unha
saída moi complicada a Sarria contra un rival directo pola terceira praza. É o
penúltimo partido de liga e estamos obrigados a vencer a un rival que ademáis
de presentar un equipo moito máis físico que o noso buscará baixar a nosa
produción ofensiva con defensas zonais moi cerradas e buscará ventaxas onde
poida obtelas comodamente: en posicións interiores e situacións de rebote
ofensivo. Sexa cal sexa o resultado deberemos estar como mínimo, coma esta fin
de semana. Con iso xa me coformo.