martes, 12 de marzo de 2013

Bo fin de semana para os Infantis de Pablo


ESTUDIANTES LUGO (70) vs BB PORRIÑO (46)
ESTUDIANTES LUGO (42) vs ESTUDIANTES PONTEVEDRA (37)

Os infantiles do Estudiantes Lugo completaron un gran fin de semana o conseguir dúas victorias consecutivas o venres e o sábado, o que lles permite dar un salto na clasificación e voltar a zonas tranquilas, dúas victorias por enriba dos catro equipos que ocupan os postos de descenso a segunda división infantil.
O venres, os nosos dominaron dende o inicio, cun parcial de 15-1 que xa daba conta da seriedade coa que ían afrontar o partido. Sen embargo, lonxe de tirar a toalla, o cadro porriñés recompúxose, en parte por dous momentos de espesura estudiantil. Así, ó descanso o marcador reflectía un axustado 35 – 29. Na segunda metade, buscabase unha maior regularidade e conseguiuse. Incluso o equipo deixou detalles de certa brillantez en ataque, con algunas combinacións fermosas. Todo o equipo aportou para lograr a victoria.
O sábado non ía ser tan doado. A férrea e pechada defensa que plantexaba o Estudiantes Pontevedra, con desacerto no tiro exterior local, engadida ó ritmo de partido lento, provocou que o partido non fose nada vistoso, chegando ó descanso co marcador de 20-20. O obxectivo para o segundo acto era cambia-lo ritmo defensivo nalgunhas ocasións e seguir confiando na fluidez que o equipo presentaba en ataque. Pouco a pouco as cousas foron saíndo e o partido foise rompendo ata  que os locais adquiriron os 10 puntos de vantaxe, sentenciando o partido.

Agora a próxima parada e Santiago, coa visita ó Peleteiro, líder sólido da categoría con 1 soa derrota en 12 partidos. Buscará o Estu traballar para ter opcións de dar a sorpresa, un bonito reto para os nosos. A seguir traballando!