Estudiantes
Lugo 00 Leyma Natura (49) vs Cidade Lugo (65)
Mal comezo
dos nosos infantiles de primeiro ano que comezaban cun 0-6 en contra por mor da
incapacidade para desarbolar a presión 2-2-1 do equipo rival e que forzou un
tempo morto cando aínda non se cumpliran 2 minutos de partido. A partir de ahí
o equipo mostrou unha melloría sobrepasando esta defensa do Cidade de Lugo pero
unha vez chegaba ó campo ofensivo non era quen de encontrarse coa verticalidade
que caracteriza ó equipo. Deste xeito os nosos deixaronse levar polos rivais en
todo momento sen ter tampouco un grado de intensidade e actividade mínimos en
defensa que os levaba a encaixar 39 puntos na primeira metade. (17-39).
O descanso
sentoulle ben ós locais que saíron moito máis enchufados e que conseguiron
reducir diferenzas grazas a unha gran defensa que non permitía xogar cómodos ós
xogadores grandes do Cidade e que daba algún contraataque cómodo ós nosos.
Ó final do
terceiro cuarto tivemos varias accións cómodos para rebaixar a diferenza dos 10
puntos pero erramos en bandexas. Durante o inicio do último cuarto os nosos
volveron a resentirse defensivamente e concedían algunha canastra fácil que
volvía levar as diferenzas até os 20 puntos. Ó final volvimos a reaccionar a
partir da defensa pero non fomos quen de igualar un pouco máis o marcador.
Valoración do adestrador:
"Dúas
valoracións se poden facer. Por un lado os xogadores non saíron centrados e con
ganas de competir na primeira parte e baixaron os brazos en todo momento sen
ningunha garra nin ambición. Por outro lado na segunda parte os de Estudiantes
si tiraron de casta e foron quen de dominar o encontro como quixeron. Toca
reflexionar nas causas do porqué dunha primeira parte tan mala, do mesmo xeito
que toca alegrarse e valorar de xeito positivo a reacción do equipo durante os
seguintes 20 minutos."
Próximo rival:
Partido moi
importante contra un rival directo para xogar a fase de ascenso como é o
Sagrado Corazón, empatado a vitorias con nós e co que de momento, temos un
average favorable de +3. Tocará empregarse a fondo para vencer se queremos
seguir nos postos altos da táboa e ocupar esa 3ªpraza que ocupamos nestes
momentos que darían acceso a loitar polo ascenso a Liga Galega.