Este fin de semana o equipo que dirixe Gustavo Mota disputou dous encontros, contra o CB La Salle de Mallorca e
contra o C.B. Viveiro.
O primeiro partido, un amigable cos nosos
compañeiros de La sáelle,
partido en que o obxectivo era competir cun equipo de fóra do grupo de Júnior
zonal.
O equipo de La Salle
moi intenso e moi duro, o cadro lucense intento impoñer un ritmo de xogo moi
forte e os dous primeiros cuartos así reflectírono no electrónico con certa
vantaxe, cun xogo ofensivo moi rápido e coas ideas claras.
Na reanudación despois do descanso o conxunto
estudantil non foi capaz de seguir co mesmo ritmo de xogo e o conxunto mallorquino
foise distanciando pouco a pouco no marcador non obstante, os lucenses, a pesar
do cansazo continuaron loitando ata o final remontando no electrónico, quedando
a 3 puntos e con ultíma posesión aínda que non fomos capaces de forzar unha
prorroga.
Moi contento co partido e serviunos de moito
competir contra este fantastico equipo de La salle.
O segundo partido se disputo o pasado domingo conta C.B.Viveiro, saldándose con vitoria por 72-63 contra un viveiro que se presento con 5 xogadores, os seus titulares.
Un partido atípico onde os lucenses non
conseguiron impoñer o seu ritmo, xa que acusaron o
cansazo do amigable do día anterior.
Non obstante, a nivel ofensivo forón capaces
de atacar a zona de viveiro os 40 minutos con moito criterio, o que lles permitiu
estar por diante sempre no marcador.