SANTO
DOMINGO BETANZOS (82) - ESTUDIANTES LUGO LEYMA NATURA (59)
1º 22-10 2º 22-14 3º 20-14 4º 18-21
Betanzos empezou pouco a pouco a desgastar os lucenses. A súa férrea defensa conseguía que os estudantís non encontrasen tiros cómodos e permitíalles correr o contraataque. As forzas igualábanse cando os estudantís conseguían anotar, xa que a súa defensa en estático era bastante mellor que o seu balance defensivo. De todos os xeitos, pouco a pouco os locais se ían distanciando no marcador, ata chegar ao descanso cun claro 44-24.
Malia a diferenza no electrónico os estudantís non baixaron os brazos e seguiron pelexando por meterse no partido, se ben a superioridade local non o permitiu en ningún momento co que os locais conseguiron unha merecida vitoria.
Comentario do adestrador:
"O rival foi moi superior durante todo o partido e aínda que o intentamos durante todo o partido non conseguimos meternos no partido."
Estudiantes Lugo - Sarria o domingo ás 12:00 no Pazo.