Esta tarde, a partir das 20.30 hrs. o noso director deportivo,Cristino Menor, estará en terras bercinas, concretamente en Villafranca del Bierzo, no seu teatro.
Os asistentes poderán gozar dunha charla sobre os valores que pode achegar o mundo do deporte para os seus fillos e como, os pais, achegan dentro deste e como deben comportarse e axudar aos seus fillos e fillas.
Esta charla esta enmarcada dentro do convenio de colaboración que ten o Concello de Villafranca del Bierzo e o Club Estudiantes Lugo para a promoción do deporte da canastra.
A escola municipal conta xa con case 20 participantes no seu primeiro ano.