martes, 9 de abril de 2013

Derrota do Cad.97 contra Galén

Galén (53) vs Estudiantes Lugo 97 (36)


1º 17-2 2º 8-19  3º 8-5  4º 20-10

O partido disputado na tarde do venres tivo un mal comezo e fixo ir ao cadro estudantil a remolque durante toda a primeira metade, tras o primeiro cuarto un claro (17-2) marcaba o que parecía unha clara vitoria para o equipo de Galén, non obstante, o cadro estudantil demostrou unha vez máis unha grande actitude e intensidade para ir achegándose pouco a pouco no marcador durante o segundo cuarto, chegándose ao descanso só 4 puntos abaixo, (25-21)


Tras o descanso, o Estudiantes completou a remontada poñéndose por diante (25-26), pero non foi suficiente, a falta de acerto e a precipitación apareceu no peor momento, os locais encontrarón a forma de superar a presión e anotar con máis continuidade, mentres que os nosos pagaban o esforzo da remontada e non encontraron o acerto cara o aro en lánces finais do partido. Ao final, o marcador reflectía a vitoria de Galén por (53-36).