martes, 9 de abril de 2013

Vitoria do Alevín Masculino ante o CB Monforte

Estudiantes Leyma Natura ( 68) vs CB Monforte (17)

Nova vitoria para os minis nunha xornada onde se aseguran a súa presenza na fase de grupos da próxima liga galega, o equipo continua invicto e prepárase xa para o partido que decidirá o primeiro posto de Lugo a próxima semana contra Galén VI, a vitoria na ida contra este equipo produciuse por tan só 6 puntos e nun partido duro e moi competido onde pode gañar calquera dos dous equipos.

O partido contra Monforte resolveuse no segundo sexto, onde os monfortinos non foron capaces de superar a forte defensa dos nosos, o que se traduciu en rápidos contraataques e canastras doadas, conseguindo xa neste período unha vantaxe avultada que iría aumentando co paso dos minutos ata chegar ao 68-17 final co que se pechou o marcador.