O equipo cadete dirixido por Juanma Copano fíxose coa victoria no segundo
día de competición do Cto. de España que se está a disputar en Ferrol.
Unha das claves do partido foi o gran inicio dos rapaces do Estu, que
corrixiron moitos dos desaxustes defensivos do día anterior e puideron
desenrolar o seu xogo en transición, combinado co acerto no tiro, apartado no
que están a destacar neste campeonato. Ó descanso o marcador reflectía un claro
49 29.
Na segunda parte chegou a reacción por parte do CBZ, que era de esperar xa que
necesitaban gañar para seguir vivos na competición. Mesmo se chegaron a poñer 8
pts por debaixo ao principio do último cuarto, pero os nosos souberon repoñerse
ás embestidas para conseguir a victoria final por 73 a 63.
Trala victoria de CB Gades ante Unamuno, mañá as
13:00 vascos e galegos loitarán en Esteiro pola segunda praza do grupo e ,polo
tanto, polo pase a 1/8 de final do Cto España.