O equipo Cadete do Club Estudiantes dirixido
por Juanma Copano caeu esta maña no pavillón de Esteiro en Ferrol nos oitavos
de final do Campionato de España Cadete contra o primeiro clasificado canario,
o Canterbury.
O cadro estudiantil comezou o encontro con
gran nerviosismo, sobre todo no aspecto ofensivo, con un gran numero de erros
nos tiros dende o perímetro. Os canarios aproveitaron estes erros para poñerse
por diante no electrónico de Esteiro, sobre todo con tiro dende fora, xa que os
lucenses entregáronse na defensa dos xogadores interiores terminando o primeiro
cuarto con un (20 – 13) en contra.
No comezo do segundo cuarto os erros en ataque
forón cometidos polos Canarios, unha canastra de Joel e a forte defensa
permitiu os lucenses recortar distancias (20-15) pero dous triplas anotadas
polos canarios voltaron a poñer unha diferenza de once puntos no marcador a
falta de cinco minutos para o descanso (28-17).
Os estudiantis con un gran numero de erros
cara o aro permitiron irse o descanso os canarios con un colchón de once puntos
(37-26).
A volta do paso por vestiario os galegos
acusaron o cansazo acumulado o longo do campionato concedendo tiros que os
canarios superon aproveitar de catrorce puntos (53-39).
No ultimo cuarto, os xogadores lucenses intentaron
reducir esa distancia sin éxito, os erros de cara o aro decantaron o encontro
para os canarios chegando o final do encontro con un (81 -54) no marcador.
Dende o Club Estudiantes queremos agradecer o
CB Ferrol o apoio e trato recibido, non so no día de hoxe, donde xogabamos en
casa, con mais de 200 escolares ferroláns animando o noso equipo durante todo o
encontro ata o ultimo minuto, senón
durante todo o Campionato.
ESTADISTICA

