O
sábado 1 de xuño tivo lugar no Pavillón Municipal de Becerreá a IV Edición das LIGAS
MINIBASKET 3X3 COMARCA DOS ANCARES, organizada polo Clube Baloncesto Becerreá
en colaboración co Concello de Becerreá, co Programa Xogade da Consellería de
Deportes da Xunta de Galicia, a Federación Galega de Baloncesto, o Estudiantes
de Lugo e Gadis.
Nesta
xornada tomaron parte máis de medio cento de rapaces dos Concellos de Navia de
Suarna, San Roman de Cervantes, Becerreá e dos concellos bercianos de Camponaraya
e Villafranca do Bierzo, que competiron nun sistema de 3x3 nas categorías
benxamín, alevín, infantil e cadete.