A localidade madrileña de Pinto acolle
dende este luns á selección U19 masculina que, ás ordes de Luis Guil comezou a traballar na preparación do
Mundial da categoría que se disputará en República Checa. Pero ata o próximo 27
de xuño, día de comezo do campionato, á selección espéralle unha intensa
preparación que inclúe cinco encontros amigables con rivais como o anfitrión
checo por partida dobre (13 e 14 de xuño) e un Torneo en Cáceres e Badaxoz onde se medirá a Arxentina,
Rusia e Australia (21-23 de xuño). Todo, Co obxectivo de chegar a punto ao
debut ante Canadá.
A vitoria da xeración de 1994 no pasado Torneo
de Mannheim dá paso á ilusión en realizar un bo
papel no campionato, que na primeira fase medirá a España ante, ademais dos
canadenses, Corea e Croacia.
De entrada, Luis Guil traballará
con 17 xogadores de onde sairá a lista definitiva dos 12 que representarán a
España no reto mundial.

