
Dende o principio do encontro quedaba patente que o partido ía ser difícil debido ao bo facer dos visitantes e a nosa incapacidade de enlazar boas secuencia ofensivas, sumado a un desconcerto defensivo constante. Mandabamos por diferenzas mínimas ata que mediado o 2º cuarto iámonos de 8 puntos. O cal resultou ser un espellismo, xa que sobre a bucina os vigueses anotaban un triplo que os levaba a vestiarios 1 arriba.
O comezo do terceiro cuarto, máis do mesmo. Falta de constancia ofensiva e despistes defensivos tremendos, permitían que o rival se fose no electrónico ata de 9 puntos. Con tempos mortos esgotados e os xogadores moi xustos fisicamente, o último cuarto foi un constante querer e non poder. O desenlace fai xustiza ao visto sobre a pista, e supón a primeira derrota da tempada.
Valoración do adestrador:
Un día nefasto en moitos aspectos. Esperamos ter crecido como grupo e aprender dos erros, para xestionar mellor estas situacións nun futuro.
Próximo rival:
Visitamos o sábado a Santiago Yago co liderado do grupo en xogo. Partido bonito, e un gran reto para os os nosos de cara ao noso crecemento como equipo. Será en Coruña ás 18:30.