
Bo inicio dos nosos que lograban rapidamente vantaxes que roldaban os 10 puntos, grazas a un bo traballo defensivo e á fluidez de pase en ataque que liberaban tiros cómodos, anotados con gran porcentaxe. Os locais intentaban igualar o choque pero o noso dominio ata e descanso foi claro e iso levábanos a vestiarios 8 puntos arriba.
Tralo descanso, Chantada logrou frear o noso xogo en chegada e iso apertou pouco a pouco o marcador, posto que o noso timming en 5 x 5 non era o correcto. Esta circunstancia mete aos locais en partido e lévanos ao último cuarto, soamente, un punto arriba. Os últimos dez minutos foron dos nosos bases. Marcaron o criterio en chegada e levaron o equipo no ataque estático á perfección. O grupo respondeu colectivamente e levouse o encontro nunha cancha onde moi poucos o conseguen.
Valoración do adestrador:
"Un partido de nota. Bo traballo colectivo atrás e fieis aos nosos obxectivos en ataque. Cun paso importante en canto a madureza no último cuarto. Pequeno premio para que os nosos xogadores reforcen a fe no traballo que están realizado durante a semana."
Próximo rival:
Este mércores, día nove, ás 21:30 hrs. debutamos na casa fronte a Naron. Por riba de todo o deportivo, no plano persoal, hai que destacar que nas filas rivais estará Marcelo Egidio,. Pagará a pena vir ao Pazo aínda que soamente sexa para encontrarnos de novo co que foi xogador desta casa as ultimas cinco ultimas tempadas.