martes, 22 de octubre de 2013

As andainas do Estu


Tras a exitosa participación dos pais e  nais na Sesión de Adestramento conxunta do pasado xuño un grupo de pais e nais de xogadoras/es das Escolas propuxéronnos que realizásemos unha actividade física-lúdica para eles en horario de Escola.

Finalmente o Club Estudiantes deseñou unha actividade que denominamos "As andainas do Estu", na que combinaremos as camiñadas no ámbito do Pazo, con actividades complementarias de estiramentos, balóns medicinais, cordas, etc. para a mellora da Flexibilidade, Coordinación, Potencia e Resistencia.

A actividade "piloto" desenvolverémola os mércores de 17:30 a 18:45 horas, empezará este mercores día 23, no Entresollado da "Torre 3" ( a máis próxima á porta do anexo), dita actividade será dirixida polo Preparador Físico do Club, Miguel Morandeira, Licenciado en Inef.

Inicialmente durante o mes de Outubro a actividade non terá custo ningún, e de contar cun número mínimo de persoas que o demanden, continuaría ata final de Tempada.